domingo 25 de mayo de 2008
martes 20 de mayo de 2008
sábado 26 de abril de 2008
viernes 25 de abril de 2008
miércoles 5 de marzo de 2008
A XUNTA DA GALIZA OFERTA A PRECARIADADE NO ENSINO
Na Mesa Sectorial do Ensino celebrada o pasado 20 de Febreiro, a Consellaria de Educación apresentou-lle aos sindicatos de xestión a proposta de oferta de emprego público para este ano 2008. En dita constatou-se a total parcialidade da Consellaria nun escenário de representacións vacias, xa que na sua estrutura básica, a oferta pública non podera ser modificada. Este facto derivou-se da negativa da Consellaria en ofrecer con antelación dita proposta e na falta de vontade por tomar discusión nas cuestións relevantes do documento.
Para este ano 2008, a Consellaria de Educación ten previsto sacar a concurso-oposición 2341 prazas distribuídas do seguinte xeito: 928 (corpo de mestres, con primaria incluída) 1265 (corpo de secundária), 84 (Profesores-Técnico de Formación Profesional), 35 (Profesorado de Música e Artes Escénicas) e 29 (Profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas).
Desde o Sindicato de Ensino da CNT seguimos a denunciar a aldraxante posición da Consellaria de Educación coa connivéncia dos principias sindicatos de xestión pola sua incapacidade manifesta para abordar os problemas que atravesa o profesorado, especialmente o máis vulnerabel: o profesorado interino e substituto. Porén o número de prazas ofertadas sexa elevado (non máis que no proceso anterior), esta oferta pública de emprego non asume os principais problemas do profesorado galego: unha reposición
completa, ordenada e digna dos efectivos de maior antigüidade e medidas que podan ofrecer garantias reais de estabilidade laboral para o numeroso corpo de interinos e substitutos dun profesorado adscrito a un territorio xeográfico moi disperso e que acarrexa múltiples riscos laborais. O sistema galego de educación pública precisa de estratéxias máis sólidas e completas que estas medidas oportunas, máis achegas as prescripcións normativas da Lei 2/2006 do 3 de Marzo Orgánica da Eduación. A presión normativa, contemplada na sua disposición decimosétima obriga a todas as
comunidades autónomas a rebaixar nun 8% a porcentaxe de profesorado interino e substituto nos cadros de persoal. Nestes últimos tres anos, a Xunta da Galiza ven a tentar forzadamente e as veces con procedimentos dubidosos (o proceso de oposición do pasado ano, por exemplo, co siléncio manso de todos os sindicatos de xestión) cumprir con esta prescripción. A oferta de emprego público para o ensino deste ano, segundo o próprio critério da Consellaria de Educación pretende remedar a reposición de efectivos e colocar a máis da metade dos profesores interinos e substitutos. Estabelece tamén unha nimia reserva do 7% para persoas con discapacidade e unha porcentaxe maior (10%) para prazas de promoción interna de acceso ao grupo A desde o B. A Xunta de Galiza pretende rebaixar para este ano un 5% a taxa de temporalidade no ensino, dado a
todas luces insuficiente e mostra da política precária de emprego da própria administración. En conclusión, a Xunta de Galiza fomenta a precariedade laboral e a oferta pública de emprego para o ensino deste ano, non vai xerar novos postos de traballo senón que a substituí-los.
Outras das cuestións a ter en conta é o siléncio vergoñoso da administración galega a respeito dos acordos de estabilidade para o profesorado interino e susbtituto. A día de hoxe, tanto o Director Xeral de Persoal, o sr Canosa como a própria Consellaria de Educación, a Sra. Sánchez Piñón. non teñen nengunha intención de tratar estes acordos à espera da sua aprobación no Parlamento da Galiza e coa proposta máis seria en mans do Partido Popular. A CNT ven denunciando esta situación absolutamente precária desde fai xa dous anos e tomando parte nesta situación na que os sindicatos de xestión non parecen prestar moita atención, no entanto o número de prazas sexa alto e se cumpran as prebendas das distintas mesas sectoriais. Sorprende que haxa tanto desinterese para esta grave cuestión cando a Consellaria de Educación abre listas para profesorado interino e substituto na matéria de Relixión previstas xa desde o pasado mes de Febreiro.
O Sindicato de Ensino da CNT quer poñer en coñecemento a sua análise da proposta de oferta pública de emprego e revocar os acordos dos sindicatos de xestión na tramitación da LOE, durante o Acordo Básico Laboral do 20 de Outubro de 2005 xa que os obxectivos iniciais de redución da temporalidade non se están cumprindo. Ademáis reclama unha proposta de emprego séria e coordenada que conteña a provisión de novos posto de traballo e non atenda só a critérios normativos, senón máis laborais e na procura dun ensino público de cualidade e de titularidade pública. Por outra parte, o Sindicato de Ensino da CNT non deixa de lembrar a todo o corpo docente interino e substituto de Galiza que actualmente non existe nengunha intención de negociar um acordo de estabilidade para dito corpo e que à espera da negociación no Parlamento da Galiza, non están garantidos formalmente os postos de traballo para o ano que ven.

¡NON Á PRECARIEDADE NO ENSINO!
miércoles 20 de febrero de 2008
Precariedade laboral na USC

O sindicato da CNT de Compostela ven de abrir un conflito laboral coa Piscina Universitária da USC, xerida polo Club Deportivo Universidade de Compostela. A situación de precariedade laboral à que están sometid@s @s monitor@s de natación da piscina acada cotas estremas, agravado se contamos co feito de que se trata dunha administración pública a que neste caso non respeita os direitos d@s traballador@s.
Na piscina universitária @s monitor@s con contratadas en fraude de lei como traballador@s temporais. Asinan un contrato dun mes, e vai-se-lles prorrogando mes a mes, sendo finalmente despedidos ao final do curso universitário, para volver ser contratados ao início do curso a seguir. Así, a categoria que lles corresponde é a de traballador@s fix@s-discontínu@s. Con este tipo de contratación a empresa impide desfrutar o periodo de vacacións aos monitor@s.
As contratacións fan-se en base a horas traballadas, é dicer, en base as aulas que imparten os monitores, e non por mes traballado, o que ven significar que non se cobran os festivos nen as fins de semana.
A esta situación hai que unir a indefensión na que se atopan @s monitor@s, ao carecer de convénio ao que acoller-se, pois non lles é recoñecida a posibilidade de acoller-se ao convénio de traballador@s da USC, circunstáncia que tamén está denunciada, e ao traballar para unha entidade (o Club Deportivo Universidade de compostela) que non existe, senón que é unha pantalla que emprega a USC para subcontratar traballador@s en precário.
Ante esta situación a CNT xa apresentou a correspondente demanda xudicial ao tempo que comezou a aplicar a táctica que nos caracteriza e diferéncia doutros sindicatos: a solidariedade e a acción directa. As accións de denúncia e presión por parte da CNT continuarán entanto a USC e o Club Deportivo Universidade de Compostela non aceiten a totalidade das xustas demandas d@s monitor@s da sua piscina.
martes 18 de diciembre de 2007
Constituída a Sección de Ensino
MANIFESTO
O VIL GARROTE XA APERTABA
A voz do estudantado é silenciada polas mans do grande capital e seus abutres que impiden a existencia e desenvolvemento de un Ensino Superior Público aberto, gratuíto e universal, un dereito de todos, e tan necesario pola súa función democratizadora dos coñecementos, cultura e formación científica, técnica, artística, etc. Un futuro onde traballadoras libres poden decidir por si mesmos está ecuacionado dende a propia universidade, onde as patronais, disfrazadas ou non, participan ilexítimamente de decisións que competen primeiramente a quen traballa e estudia nela. A financiación e xestión do Ensino Superior Público é feita en base de chantaxes políticas e económicas que teñen como primeiro obxectivo un estudantado pasivo, acrítico e indefenso, incapaz de organizarse e combater a lóxica imposta de funcionamento autoritario, e tamén o de garantir traballadorxs sen dereitos, fortemente precarizad@s, mercadoría obediente. Queren esta vida para @s trabalhador@s de agora e para @s do futuro.
SÓ ISO EXPLICA
A subida das taxas, alí onde xa non deberían sequera existir;o asalto do destructivo marketing bancario en cuestións tan vitais como as bolsas;o silenciamento de unha cultura académica libre pensadora, solidaria e reivindicativa, xermolo do sempre incómodo (por verdadeiro) progreso;a displicencia institucional cara quen traballa e estudia;unha política de residencia universitaria hipotecada e insuficiente; a inexistencia de políticas activas de introducción da informática de código aberto;a presenza nos campus de empresas que practican a subcontratación, impedindo a vinculación directa dest@s trabalhador@s ca universidade, abaratando o traballo público;a utilización disfrazada de man de obra precaria, sen contrato, apelidada de “becari@”a falta xeneralizada de persoal, consecuencia de un financiamento de lixo, que colapsa intencionadamente o ensino público para abrir camiño à voracidade das políticas neoliberais de mercantilización do ensino;o acoso dos “reais colexios” e todo ese tipo de organizacións que pisotean o dereito de libre asociación dos estudiantes, dos recen formados e dos profesionais;entre outras cousas que tod@s coñecemos xa de sobra.
UN NOVO GARROTE APERTARÁ AÍNDA MÁIS
Dende os corredores da alta finanza esbózase hoxe un ataque sen precedentes co obxectivo evidente de dar un golpe fatal no ensino superior público en todo o continente europeo. Os tempos da Europa solidaria e comunicativa (que creou o programa Erasmus, por exemplo) foran conducidos por xente que xa non manda. Os que mandan agora (e mandan moito!) queren un Ensino Superior de pago (e non gratuíto), exclusivo (e non universal) e motor activo da precarización capitalista (e non do progreso social). As súas contas cádranlles ben, e quen as pagará, se non se defenden, serán, como sempre, @s trabalhador@s, o estudantado.
Sindícate! Estudiantes con dereitos, traballador@s con dereitos!Pásate polo local da
CNT na Rúa Nova 103 1ºD, os Mércores de 19.30 a 21.00horas

Suscribirse a:
Entradas (Atom)