O sindicato da CNT de Compostela ven de abrir un conflito laboral coa Piscina Universitária da USC, xerida polo Club Deportivo Universidade de Compostela. A situación de precariedade laboral à que están sometid@s @s monitor@s de natación da piscina acada cotas estremas, agravado se contamos co feito de que se trata dunha administración pública a que neste caso non respeita os direitos d@s traballador@s.
Na piscina universitária @s monitor@s con contratadas en fraude de lei como traballador@s temporais. Asinan un contrato dun mes, e vai-se-lles prorrogando mes a mes, sendo finalmente despedidos ao final do curso universitário, para volver ser contratados ao início do curso a seguir. Así, a categoria que lles corresponde é a de traballador@s fix@s-discontínu@s. Con este tipo de contratación a empresa impide desfrutar o periodo de vacacións aos monitor@s.
As contratacións fan-se en base a horas traballadas, é dicer, en base as aulas que imparten os monitores, e non por mes traballado, o que ven significar que non se cobran os festivos nen as fins de semana.
A esta situación hai que unir a indefensión na que se atopan @s monitor@s, ao carecer de convénio ao que acoller-se, pois non lles é recoñecida a posibilidade de acoller-se ao convénio de traballador@s da USC, circunstáncia que tamén está denunciada, e ao traballar para unha entidade (o Club Deportivo Universidade de compostela) que non existe, senón que é unha pantalla que emprega a USC para subcontratar traballador@s en precário.
Ante esta situación a CNT xa apresentou a correspondente demanda xudicial ao tempo que comezou a aplicar a táctica que nos caracteriza e diferéncia doutros sindicatos: a solidariedade e a acción directa. As accións de denúncia e presión por parte da CNT continuarán entanto a USC e o Club Deportivo Universidade de Compostela non aceiten a totalidade das xustas demandas d@s monitor@s da sua piscina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario