Na Mesa Sectorial do Ensino celebrada o pasado 20 de Febreiro, a Consellaria de Educación apresentou-lle aos sindicatos de xestión a proposta de oferta de emprego público para este ano 2008. En dita constatou-se a total parcialidade da Consellaria nun escenário de representacións vacias, xa que na sua estrutura básica, a oferta pública non podera ser modificada. Este facto derivou-se da negativa da Consellaria en ofrecer con antelación dita proposta e na falta de vontade por tomar discusión nas cuestións relevantes do documento.
Para este ano 2008, a Consellaria de Educación ten previsto sacar a concurso-oposición 2341 prazas distribuídas do seguinte xeito: 928 (corpo de mestres, con primaria incluída) 1265 (corpo de secundária), 84 (Profesores-Técnico de Formación Profesional), 35 (Profesorado de Música e Artes Escénicas) e 29 (Profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas).
Desde o Sindicato de Ensino da CNT seguimos a denunciar a aldraxante posición da Consellaria de Educación coa connivéncia dos principias sindicatos de xestión pola sua incapacidade manifesta para abordar os problemas que atravesa o profesorado, especialmente o máis vulnerabel: o profesorado interino e substituto. Porén o número de prazas ofertadas sexa elevado (non máis que no proceso anterior), esta oferta pública de emprego non asume os principais problemas do profesorado galego: unha reposición
completa, ordenada e digna dos efectivos de maior antigüidade e medidas que podan ofrecer garantias reais de estabilidade laboral para o numeroso corpo de interinos e substitutos dun profesorado adscrito a un territorio xeográfico moi disperso e que acarrexa múltiples riscos laborais. O sistema galego de educación pública precisa de estratéxias máis sólidas e completas que estas medidas oportunas, máis achegas as prescripcións normativas da Lei 2/2006 do 3 de Marzo Orgánica da Eduación. A presión normativa, contemplada na sua disposición decimosétima obriga a todas as
comunidades autónomas a rebaixar nun 8% a porcentaxe de profesorado interino e substituto nos cadros de persoal. Nestes últimos tres anos, a Xunta da Galiza ven a tentar forzadamente e as veces con procedimentos dubidosos (o proceso de oposición do pasado ano, por exemplo, co siléncio manso de todos os sindicatos de xestión) cumprir con esta prescripción. A oferta de emprego público para o ensino deste ano, segundo o próprio critério da Consellaria de Educación pretende remedar a reposición de efectivos e colocar a máis da metade dos profesores interinos e substitutos. Estabelece tamén unha nimia reserva do 7% para persoas con discapacidade e unha porcentaxe maior (10%) para prazas de promoción interna de acceso ao grupo A desde o B. A Xunta de Galiza pretende rebaixar para este ano un 5% a taxa de temporalidade no ensino, dado a
todas luces insuficiente e mostra da política precária de emprego da própria administración. En conclusión, a Xunta de Galiza fomenta a precariedade laboral e a oferta pública de emprego para o ensino deste ano, non vai xerar novos postos de traballo senón que a substituí-los.
Outras das cuestións a ter en conta é o siléncio vergoñoso da administración galega a respeito dos acordos de estabilidade para o profesorado interino e susbtituto. A día de hoxe, tanto o Director Xeral de Persoal, o sr Canosa como a própria Consellaria de Educación, a Sra. Sánchez Piñón. non teñen nengunha intención de tratar estes acordos à espera da sua aprobación no Parlamento da Galiza e coa proposta máis seria en mans do Partido Popular. A CNT ven denunciando esta situación absolutamente precária desde fai xa dous anos e tomando parte nesta situación na que os sindicatos de xestión non parecen prestar moita atención, no entanto o número de prazas sexa alto e se cumpran as prebendas das distintas mesas sectoriais. Sorprende que haxa tanto desinterese para esta grave cuestión cando a Consellaria de Educación abre listas para profesorado interino e substituto na matéria de Relixión previstas xa desde o pasado mes de Febreiro.
O Sindicato de Ensino da CNT quer poñer en coñecemento a sua análise da proposta de oferta pública de emprego e revocar os acordos dos sindicatos de xestión na tramitación da LOE, durante o Acordo Básico Laboral do 20 de Outubro de 2005 xa que os obxectivos iniciais de redución da temporalidade non se están cumprindo. Ademáis reclama unha proposta de emprego séria e coordenada que conteña a provisión de novos posto de traballo e non atenda só a critérios normativos, senón máis laborais e na procura dun ensino público de cualidade e de titularidade pública. Por outra parte, o Sindicato de Ensino da CNT non deixa de lembrar a todo o corpo docente interino e substituto de Galiza que actualmente non existe nengunha intención de negociar um acordo de estabilidade para dito corpo e que à espera da negociación no Parlamento da Galiza, non están garantidos formalmente os postos de traballo para o ano que ven.

¡NON Á PRECARIEDADE NO ENSINO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario